Monseñor Barrio á Vida Ascendente: “A Igrexa necesétavos para dar testemuño a través da vosa caridade e solidariedade”

. O arzobispo presidiu a Eucaristía coa que se iniciaba o curso pastoral deste movemento de maiores e xubilados

O arzobispo, monseñor Julián Barrio, presidiu este venres na Coruña, na capela da Venerable Orde Terceira, o inicio do curso pastoral de Vida Ascendente. “Saúdovos con todo afecto. Alégrome coa vosa presenza. Graza e paz a todos vós! Un ano máis chegades coa ofrenda do voso pasado e presente e mirades con esperanza cara ao futuro. Teño presentes no meu recordo cordial a todas as persoas do Movemento Vida Ascendente e que contan coa nosa proximidade espiritual na oración a Deus Pai que vela con misericordia sobre todos nós. Recordamos tamén a aquelas que o Señor chamou á súa presenza”, díxolles na súa homilía o arcebispo. “A Igrexa necesítavos para dar testemuño a través da vosa caridade e solidariedade cos necesitados material e espiritualmente”, resaltou monseñor Barrio.

O comezo das actividades pastorais de Vida Ascendente coincidía coa festa de santa Tareixa de Xesús. A ela tamén se referiu o arcebispo ao indicar que “a Igrexa preséntanos a santa Tareixa, poñendo ante a nosa consideración estas actitudes: desasimento das cousas do mundo, pobreza, consideración axeitada das cousas terreas, humildad e conformación coa vontade de Deus”.

Monseñor Julián Barrio indicou ademais que “o movemento apostólico Vida Ascendente reflicte a riqueza humana e espiritual que agradecemos como don de Deus. A vosa experiencia de vida humaniza a a nosa sociedade e cultura. Isto esixe, como nos recorda o Papa, “atesourar a vosa mensaxe de experiencia e sabedoría que nos transmitides nesta etapa da vosa vida. A terceira idade permite reorganizar a propia vida, facendo fructificar a experiencia e as capacidades adquiridas”. “A Igrexa míravos con amor e confianza”.

Monseñor Barrio sinalou igualmente que nos ofrecedes o testemuño da gratuidade, da memoria, da experiencia, da interdependencia e dunha visión máis completa da vida. “Nun mundo como o actual, no que a miúdo se mitifican a forza e a potencia, tendes a misión de testemuñar os valores que contan de verdade, máis aló das aparencias, e que permanecen para sempre porque están inscritos no corazón de todo ser humano e garantidos pola palabra de Deus”.

Vida Ascendente é un Movemento de Apostolado seglar de persoas xubiladas e maiores, recoñecido e aprobado pola Conferencia Episcopal española para: crecer na fe; fomentar a amizade e ser membros activos da Igrexa e da sociedade

O seu lema esa: ESPIRITUALIDADE – APOSTOLADO e AMIZADE

O seu obxectivo: Levar a mensaxe evanxélica aos Maiores e Xubilados, para que acheguen á Sociedade e á Igrexa a súa Fe, a súa experiencia e o seu tempo dispoñible.

O movemento reúne os seus membros (de calquera medio social ou cultural) en pequenos grupos de traballo e oración; crea un ámbito de amizade, para compartir as súas preocupacións e vivencias; ofrece aos seus membros os medios para afondar na súa fe e acreditar a súa esperanza, logrando que todos os seus membros vivan esta etapa da súa vida en plenitude humana e cristiá; abre canles para a súa integración na misión da Igrexa, impulsando aos seus membros a unha activa participación nela; estimúlaos e oriéntaos para que, como cidadáns responsables participen na animación cristiá da sociedade, adoptando un novo estilo de solidariedade cos demais.

Vida Ascendente ensina:

– A Arte de envellecer

– A Arte de seguir sendo útiles

-A Arte de servir

-O estar xubilado do traballo… non é estar xubilado da vida.

-Se “o tempo é ouro”, es millonario en horas libres e dispoñibles.