Monseñor Barrio aos nenos da Diocese: “sodes os pequenos misioneiros que imitando a Xesús comunicades que Deus nos ama.a”

“A Igrexa, o día 16 deste mes, celebra a Xornada da Infancia misioneira. Con Xesús que ía creceendo en estatura, sabedoría e graza en Nazaré, este ano peregrinamos a Xerusalén onde sofre a paixón, morre e resucita pola salvación de todos os homes”. Así diríxese nunha Carta Pastoral aos nenos e nenas da Diocese o arzobispo, monseñor Julián Barrio, na que lles pide o seu testemuño para contribuír ao esforzo misioneiro.

Na súa carta, monseñor Julián Barrio afirma que “quen segue a Xesús debe acoller a súa luz e manifestala a través das súas obras”. E engade: “esta é a tarefa e o don dos misioneiros, e deben ser os vosos, queridos nenos, chamados a difundir a luz de Xesús, é dicir a fe, a tantos nenos que aínda non oe coñecen”.

O arcebispo pídelles aos nenos e nenas da Diocese que deben “fortalecer esta luz que habedes de transmitir, participando na catequese, atopando a Xesús xunto ao sagrario e recibindo os sacramentos”. E recórdalles que son “os pequenos misioneiros que imitando a Xesús comunicades que Deus nos ama, unha noticia que ten que chegar ata o confín da terra. Aínda que as dificultades non sexan pequenas, non debemos acovardarnos confiando na providencia de Deus Pai que está sempre pendente de nós. De xeito especial nesta pandemia na que os nenos do mundo tamén se viron afectados, debemos pensar neles e tratar de axudalos coa nosa achega económica”.