Monseñor Barrio: “Benvidos á casa do Apóstolo Santiago! A Arquidiocese acóllevos na bondade da súa hospitalidade”

  • Os bispos españois peregrinaron a Compostela como culminación dos traballos da 118ª Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, deu este venres a benvenida aos bispos integrantes da Conferencia Episcopal Española (CEE), que chegaron en peregrinación a Compostela, con ocasión do Ano Xubilar Compostelán, culminando así os traballos da 118ª Asemblea Plenaria da CEE. Un total de 63 bispos españois, dous administradores diocesanos e dous vicesecretarios da CEE, acompañados do nuncio apostólico en España, monseñor Bernardito Auza, participaron na celebración eucarística que presidiu o arzobispo na Catedral compostelá.

No acto protocolario de benvida, celebrado no Mosteiro de San Martiño Pinario, sé do Seminario Maior diocesano, estivo presente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, así como o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugalllo. Nas súas palabras de bienvenida, monseñor Barrio resaltou o carácter de Compostela como sé do sepulcro apostólico de Santiago, recordou as orixes da Catedral e a súa vinculación coas raíces de Europa.

Tras acabar este acto protocolario, os bispos españois dirixíronse á Catedral, para entrar pola Porta Santa, porta da perdonanza e da misericordia, realizando previamente unha “foto de familia” nas escalinatas da praza da Quintana. Na basílica visitaron a cripta onde veneraron o sepulcro do Apóstolo.

Trala lectura do Evanxeo, o presidente da CEE, cardeal Juan José Omella, fixo a ofrenda ao Apóstolo en nome da CEE: “Como peregrinos chegamos diante túa, para pedir a túa protección sobre todos os proxectos das nosas Igrexas locais, así como a túa presenza alentadora nos gozos e sufrimentos do noso pobo e de todas as nosas comunidades ás que servimos como pastores. De xeito especial presentámosche a preocupación e a dor dos habitantes da Palma, que levan xa máis de dous meses baixo a erupción do volcán. A eles desexamos chegue, non só a oración, tan necesaria, senón tamén a solidariedade de todos os pobos de España”, indicou.

Pola súa banda, na súa homilía monseñor Barrio indicou que “o Ano Santo é tempo favorable para curar as feridas, para non cansarnos de buscar a cantos esperan ver e tocar coa man os signos da proximidade de Deus, para ofrecer a todos o camiño do perdón e da reconciliación” e “para cultivar a memoria penitencial, recoñecendo con humildad o que puidemos facer mal e o que talvez podiamos habelo feito mellor. É necesario asumir o pasado para liberar o futuro das propias insatisfacciones, confusións ou proxeccións”, dixo.

Don Julián comezara a súa homilía cunhas palabras de acollida e gratitude: “A miña gratitude a vós, queridos irmáns, por este signo de comuñón fraterna que tanto motiva a esta Igrexa compostelá! Benvidos á Casa do Apóstolo Santiago! A Arquidiocese acóllevos na bondade da súa hospitalidade como os discípulos de Emaús acolleron a Xesús logo de telos acompañado no camiño”, sen esquecer a presenza do nuncio, monseñor Bernardito Auza, a quen agradeceu “por ternos querido acompañar nesta peregrinación da Conferencia Episcopal da Igrexa que peregrina en España, co noso afecto filial ao Sucesor de Pedro”.

“Chegades”, engadiu monseñor Barrio, “como peregrinos da esperanza nunha civilización occidental coa alma mermada, onde xa xorden non poucas voces de pensadores fóra do cristianismo, que afirman que necesitamos a Cristo. Ciertamente só El dá a esperanza para que a vida non se vexa reducida á insignificancia, dando testemuño do Evanxeo da graza de Deus”. Para indicar que “soamente a forza espiritual da verdade de Cristo pode vencer a debilidade mental e moral que padecemos e axudarnos a recuperar a confianza para non ser triviais no discernimento. Con esta confianza non nos recluiremos para tratar de defendernos da realidade que nos rodea, sabendo que a Igrexa non debe afastarse do camiño de Cristo nin polo temor nin polo afago”.

O arzobispo finalizou dicindo: “Pedimos que sexa fortalecida a Igrexa, manténdose fiel a Cristo ata o final dos tempos e que a convivencia en España sexa dialogante, fraterna e comprensiva, sabendo que o propio de cada un ha de favorecer o ben común para os demais”.