Monseñor Barrio convida a facer “silencio no noso interior” para escoitar e meditar a Palabra de Deus

  • Carta Pastoral do arcebispo para o Domingo da Palabra, unha celebración instituida polo Papa Francisco

Nunha Carta Pastoral dedicada ao Domingo da Palabra, que se celebrará este próximo día 24 de xaneiro, o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, convida a todos os diocesanos a facer “silencio no noso interior para escoitala e meditala”, á vez que asegura que “descoñecer a Escritura é descoñecer a Xesucristo”, tal e como escribía San Jerónimo. “Preguntémonos”, interpela monseñor Barrio, “que lugar ocupa na nosa vida a Palabra de Deus?”. A celebración deste Domingo da Palabra é unha iniciativa do Papa Francisco e fixouse no III Domingo do Tempo Ordinario. Na súa carta, o arcebispo lembra que “os cristiáns habemos de contemplar a Palabra de Deus como sustento e vigor da Iglesia, firmeza da fe, alimento da alma, fonte límpida e perenne de vida espiritual”.

“É preciso comprendela, posuíla e expresala con actitudes de fe, de sinxeleza, de gratuidade e de constancia xa nos chame ao deserto ou ao Tabor. Deus escondeu na súa Palabra variedade de tesouros para que cada un poida enriquecerse. Habemos de ler a Palabra de Deus como fonte de verdade que determina os contidos de fe e como guía pedagóxica do proceso que ha de alumala. #Ante a ambigüidade dos feitos a Palabra de Deus permite coñecer o verdadeiro sentido”, explica na súa Carta Pastoral o arcebispo compostelán.

Como se sabe o Papa Francisco instituyó o 30 de setembro do ano 2019 coa Carta Apostólica en forma de Motu proprio ” Aperuit illis” o Domingo da Palabra de Deus. O 19 de decembro pasado, A Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos publicou unha nota para “lembrar algúns principios teolóxicos, celebratorios e pastorais sobre a Palabra de Deus proclamada na Misa”. O documento ten por obxecto contribuír a espertar a conciencia da importancia da Sacra Escritura para a vida dos crentes, especialmente na liturxia, “que os coloca nun diálogo vivo e permanente con Deus”.

Carta Pastoral de mons. Barrio