Monseñor Barrio convida a recoñecer a grandeza de pertencer á Igrexa

  • Nas Solemnes Vésperas do Apóstolo, o arcebispo di que “é unha graza nacer nela e vivir baixo a súa garantía permanente”

“Coa celebración das primeiras Vésperas entramos na solemnidade de Santiago o Maior, o noso Patrón, intercesor e exemplo a imitar. Facémolo unidos en oración xunto ao seu sepulcro. A liturxia desta solemnidade reflicte que na misión encomendada a Santiago o protagonista é o Señor que lle motivou a traer ata o fin da terra a boa nova da salvación”. Así iniciaba este sábado a súa homilía nas Vésperas do Apóstolo Santiago o arcebispo de Compostela, monseñor Julián Barrio. Na celebración eucarística que poñía fin á Novena do Apóstolo, o titular da Arquidiocese dixo que “nesta solemnidade convídovos a dicir: creo na Santa Igrexa católica e Apostólica, edificada sobre o fundamento dos Apóstolos. Amemos á Iglesia, sintamos en e coa Iglesia, colaboremos coa Igrexa! Na nosa historia de salvación, o que coñecemos de Cristo, o que recibimos del, incluída a vocación e posibilidade verificable de chegar á santidade evangélica, debémosllo á Igrexa. É unha graza nacer nela e vivir baixo a súa garantía permanente. Como sería a nosa existencia se fose desde os seus comezos estraña á Igrexa?”.

Monseñor Barrio lembrou ademais que “hoxe nós ao sentirnos elixidos, chamados e enviados polo Señor, dámosnos/dámonos conta de que os desafíos sociais, culturais e espirituais supérannos. Parécenos revivir a experiencia dos Apóstolos, cando aquela xente levaba tres días con Jesús e non tiñan que comer e pregúntalles: Que podemos facer? #Ante a falta de solución por parte dos apóstolos, Jesús mostroulles que con fe nada é imposible. Nos nosos días moitas persoas esperan unha primeira evangelización; outras, que a recibiron, necesitan unha comprensión máis profunda; e nalgunhas nas que o Evanxeo botou raíces, o secularismo produciu unha crise do sentido da fe cristiá e da pertenza á Igrexa”.

O arcebispo terminou pedindo “que a intercesión de Santiago obteña a toda a Igrexa fe ardente e valentía apostólica para anunciar ao mundo a verdade que é Deus, Pai misericordioso e fiel, dador de todo ben”.