Monseñor Barrio di que “seguimos avanzando na celebración do Ano Santo” e que “moitas persoas manteñen a esperanza de peregrinar”

  • O arcebispo inaugurou as sesións de traballo do IX Congreso de Acollida Cristiá no Camiño.

O arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, inaugurou hoxe xoves o IX Congreso de Acollida Cristiá no Camiño. Nun acto que se desenvolveu na cripta da Catedral, o arzobispo indicou que “seguimos avanzando na celebración do Ano Santo Compostelán. No medio das lóxicas precaucións con motivo da pandemia son moitas as persoas que manteñen a esperanza de peregrinar á tumba do Apóstolo Santiago”. Monseñor Barrio estivo acompañado neste acto polo delegado de Peregrinacións, Segundo Pérez López; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez; e polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. A conferencia de apertura deste encontro tiña por título “A esperanza de peregrinar a Santiago” e nela o arcebispo asegurou que “o Camiño de Santiago acolle a todos os que presenten a voz de Deus, aínda que moitas veces non sexan conscientes diso. Este Camiño de conversión, ofrecido a todo o que desexe acoller a experiencia, non esixe unha previa “selección de candidatos”, nin ten tampouco “numerus clausus”. Un dos seus valores permanentes estriba en que pon en contacto directo a alma e a Deus, ata para os que aínda non descubriron a fe cristiá, sentindo a Igrexa afastada”.

O IX Congreso de Acollida Cristiá no Camiño iniciou hoxe xoves as súas sesións de traballo, nas que participarán ata o sábado distintas personalidades que falarán sobre Ano Santo Compostelán, renacer á esperanza. Este foi o fío condutor da conferencia inaugural que pronunciou o arcebispo, quen en numerosas ocasións invitou a recuperar o pulso do Ano Xubilar. “Desde Santiago”, dixo monseñor Barrio, “lugar do sepulcro do Apóstolo, acollemos a chamada a non resignarnos a contemplar de brazos cruzados como a Igrexa se vai convertendo nunha especie de cristianismo de museo. Este ano Santo é unha oportunidade de graza do Señor”. O arcebispo sinalou ademais que hai que animar os peregrinos a descubrir a dimensión esencial do Camiño: “Hai que ser capaces de escaravellar a follaxe de eslogans, podcast e reclamos, para dar coa verdadeira felicidade e co sentido que lle queren dar ás súas vidas”, apuntou.

No mesmo sentido, monseñor Barrio resaltou o valor da ruta cara a Compostela e recordou que “o Camiño de Santiago vén secularmente convocando por centos de miles de peregrinos na procura das raíces históricas da fe apostólica. Todo un signo dos tempos, avistado xa no seu momento, por san Xoán Paulo II, e que subliña que o catolicismo é multicultural”.

Tamén destacou que “o Camiño de Santiago dá a oportunidade de convivir e compartir sen medo nin desconfianza co que é distinto. A fe cristiá crea comuñón e, á vez, resalta o singular. Constatamos en Santiago que todas as culturas están chamadas, sen perder os seus matices, a abrirse unhas a outras, e que calquera ser humano pode recoñecer no seu semellante, forastero ou descoñecido, ao seu próximo e ao seu irmán”. Para o arcebispo, a fe “empuxa á aventura máis arriscada da vida: facela frutificar alí onde un está e nas condicións dadas”, para afrontar así “o entender o noso traballo ou profesión como servizo aos outros”, salvando esa “cultura do benestar que habemos ir construíndo” e “o escrupuloso celo por cumprir estrita e unicamente coa nosa responsabilidade legal e só con ela”, que “nos retrae de accións valentes e xenerosas polo ben dos demais”.

Na primeira sesión de traballo falouse sobre “A acollida cristiá nunha cidade e nunha pequena localidade”, a cargo de Andrés Andrés Sánchez, do Albergue Cofradía do Santo (San Domingos da Calzada), e de Bernart Baltza, promotor do Albergue de Peregrinos Claret Enea (Bilbao). E Adeline Rucquoi, do Centre de Recherches Historiques, falou sobre “O valor das experiencias dos peregrinos do pasado”.

Nun panel sobre experiencias de acollida na Igrexa interviñeron: Manuel C. Domingo Junior SDB, confesor da Catedral de Santiago e María dos Anxos Santamarta, do Instituto Secular Fillas da Natividad de María, en Arzúa. Ademais houbo a proxección do documental Cárcere e camiño.