Monseñor Barrio indica que o Advento “non pode quedar reducido a ser un tempo para a publicidade comercial”

  • Na súa Carta Pastoral recorda que este tempo litúrxico que acabamos de comezar é “preparación ao Nadal animando a nosra esperanza”

Ao inicio do tempo de Advento, comezo do Ano Litúrxico, o arcebispo compostelán fixo pública una Carta Pastoral na que invita a todos os diocesanos a preparar con intensidade o Nadal. Monseñor Barrio sinala que se fala nestes días de que este Nadal será diferente, referíndose aos engadidos que se han ir adherindo ao que realmente é o misterio que celebramos. Talvez o gozo do nacemento do Fillo de Deus feito home quedou diluído nos aspectos materiais. Seguramente que nestes tempos case post-pandémicos moitas persoas e familias non teñan posibilidade de facer os gastos que adoitaban facer outros anos. O necesario en todo caso deberían telo. E nisto debemos ser todos corresponsables”. Para o arcebispo “o Advento non pode quedar reducido a ser un tempo para a publicidade comercial, é preparación ao Nadal animando a nosa esperanza ao recordarnos que Deus nos creou por amor e non nos abandonou para que teñamos vida eterna”.Carta Pastoral no Advento 2021

Na súa Carta Pastoral monseñor Julián Barrio indica que “no contexto dunha cultura neopagana o home segue buscando o signo dunha esperanza alegre e xenerosa, como norma inspiradora de todo auténtico progreso que forxa unha convivencia de todos en caridade que nos compromete a edificar o presente e proxectar o futuro desde a verdade auténtica do home, desde a liberdade que respecta esa verdade e desde a xustiza para todos. A isto comprométenos o Nadal coa alegría das panxoliñas e sen a angustia do consumismo. O noso mañá reflectirá a esperanza do hoxe”.

“Como vos escribía o pasado Nadal”, comenta o arcebispo, “non amortigüemos as consecuencias da mensaxe de Xesús sobre os almofadóns dos nosos prexuízos e sentimentalismos. Levemos ás persoas necesitadas material e espiritualmente a Luz que brillou en Belén, ofrecéndolles nosa axuda”. Na Carta Pastoral, monseñor Barrio pide “ao Neno Deus que bendiga todas as familias, en especial ás que nestas datas o recordo das persoas queridas se transluce en tristeza” e desexa a todos un Feliz Nadal.

Carta Pastoral no Advento 2021