Monseñor Barrio invita a vivir cristiamente o Nadal e a “saír ao encontro do próximo coa nosa axuda e comprensión”

  • Na súa Carta Pastoral para Advento, o arcebispo invita a levar “á persoas necesitadas material e espiritualmente a Luz que brillou en Belén”
  • Indica que “A oración, a caridad e a participación nos sacramentos son os piares desta ponte para que Deus veña a nós e nós vaiamos cara El, sempre en actitude de vixiante espera”
O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, acaba de publicar unha carta pastoral “Nadal: Condescendencia de Deus” no que sinala que a mensaxe do Advento é que Deus está en camiño cara a nós: “Chámasenos a vivir este acontecemento espertándonos do noso soño, modorra e indiferenza, e a esperar o Señor coa cintura cinguida e con aceite nas nosas lámpadas a exemplo das virxes prudentes”.
Na súa misiva D. Julián indica que “a oración, a caridade e a participación nos sacramentos son os piares desta ponte para que Deus veña a nós e nós vaiamos cara a El, sempre en actitude de vixiante espera”.
Así mesmo sinala o Sr. Arcebispo “Nadal  non é só o nacemento de Deus feito home, debe ser tamén o noso nacemento con El, indicándonos que a vida cristiá é comuñón, participación e misión na Iglesia, esperando o Señor que vén e cumprindo o mandamento do amor”. Advirte  nesta carta Pastoral dirixida a todos os diocesanos que “o sentimentalismo da nosa Nadal socio-relixiosa pode distraernos e facernos esquecer que o Fillo de Deus encarnado “uniuse en certo xeito con cada home.”
Termina a súa mensaxe convidando a levar “ás persoas necesitadas material e espiritualmente a Luz que brillou en Belén, ofrecéndolles a nosa axuda”.