Monseñor Barrio: “O Papa estivo moi cariñoso connosco na audiencia”

  • O arcebispo, tras o encontro co Pontífice, di que “vivimos con esa esperanza de que poida ser factible que o Papa Francisco veña a Santiago”

O Papa Francisco recibiu este luns en audiencia privada ao arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, a quen acompañaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Ao termo do encontro, o arcebispo compostelán comentou #ante os medios de comunicación que “o Papa estivo moi cariñoso connosco na audiencia”. Monseñor Barrio engadiu que o “motivo era agradecerlle o que prolongase un ano máis o Ano Santo”. E engadiu: “eu expliqueille toda a programación pastoral que fixemos con esa inquietude e esa preocupación de dicir que o Ano Santo sexa un ano de conversión e de reconciliación”. Ao ser preguntado por unha posible visita do Pontífice a Compostela ao longo do Ano Santo Compostelán, monseñor Barrio asegurou que “vivimos con esperanza sempre, e máis estando en Santiago. Nese sentido vivimos con esa esperanza de que poida ser factible que o Papa Francisco veña a Santiago”.

Imaxe da conta de Twitter e Facebook do presidente da Xunta

Imaxe da conta de Twitter e Facebook do presidente da Xunta

Por outra banda, en declaracións a COPE, o arcebispo insistiu en que a audiencia “foi moi agradable” e “eu saín moi esperanzado pola preocupación e o interese que o Papa demostrou coa celebración do Ano Santo Compostelán”. “Eu díxenlle”, continuou o arcebispo #ante a correspondente de COPE no Vaticano, Eva Fernández: “Santidade, alegraríanos que tamén vostede fose peregrino a Santiago e alí calzar as sandalias da esperanza, que son as que lles queremos poñer a todos os peregrinos que chegan a Santiago de Compostela”.

“Santidade”, díxenlle, “Deus axúdanos e o Apóstolo Santiago”, finalizou o arcebispo.