Monseñor Barrio presidirá este sábado a Eucaristía na que consagrará o novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, o sacerdote Fernando García

Este sábado 4 de setembro, ás 11:00 horas, na catedral-basílica de Mondoñedo, o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá a Eucaristía na que consagrará bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol o sacerdote burgalés Fernando García Cadiñanos. Na celebración estarán presentes o nuncio apostólico, monseñor Bernardito Auza, e o arcebispo emérito de Burgos, monseñor Fidel Herráez.

Tamén asistirán o cardeal Ricardo Blázquez, arcebispo de Valladolid; o arcebispo de Burgos, Mario Iceta; o de Oviedo, Jesús Sanz Montes; e quince bispos (entre eles, o padre Luís Angel de las Heras, CMF, bispo de León, e monseñor Manuel Sánchez Monge, bispo de Santander, anteriormente prelados de Mondoñedo-Ferrol; así como o secretario da Conferencia Episcopal, monseñor Luís Argüello, e os bispos das dioceses sudamericanas de Puyo (Ecuador) e Tarija (Bolivia).

A cerimonia que se desenvolverá na Catedral de Mondoñedo será retransmitida en directo a través de TRECE Televisión, A 8 Burgos, COPE Ferrol, COPE da Costa-Ribadeo e Radio María.