Monseñor Barrio resalta que a Igrexa de Santiago recibe “a todos os peregrinos que buscan e comparten o seu caminar desde diversas posicións relixiosas”

  • O arcebispo clausurou o III Encontro Interrelixioso e dixo que “a nosa Catedral e outros templos son verdadeiramente espazos de oración onde os non cristiáns poidan estar xunto a nós”

    O arzobispo, monseñor Julián Barrio, clausurou este sábado o III Encontro Interrelixioso en Santiago de Compostela, cunha intervención na que falou sobre a importancia da comuñón entre os cristiáns á hora de abordar o diálogo cos crentes doutras confesións relixiosas. “A nosa Igrexa Compostelá”, indicou o arzobispo, “recibe simbólicamente na súa igrexa, a Catedral, con portas abertas, a todos os peregrinos do noso tempo que camiñan, buscan e comparten no seu camiñar desde tan diversas posicións relixiosas. O feito de que a Igrexa así acolla no seu seo, é xa un gran xesto, aínda que non o apreciemos. Neste caso a nosa Catedral e outros templos son verdaderamente espazos de oración onde os non cristiáns poidan estar xunto a nós, e os cristiáns poden rezar connosco, malia a diversidad relixiosa que nos separe”. No acto de clausura interveu, tamén, o Dr. Abdelaziz Hammaoui, imán e teólogo musulmán. A xornada iniciouse cunha conferencia de Andrea Riccardi, fundador da Comunidade de San Exidio, quen falou sobre “Fraternidade e convivencia entre relixións”.

    Na súa conferencia de clausura, o arcebispo compostelán fixo referencia ao camiño levado a cabo pola Igrexa, sobre todo a partir do Concilio Vaticano II, en relación co diálogo interrelixioso. Monseñor Barrio aludiu aos documentos conciliares e ás actitudes de san Paulo VI e de san Xoán Paulo II para explicar que “o diálogo interrelixioso é unha evanxelización recíproca baixo o influxo do Espírito Santo”, que pon de manifesto que “a Igrexa reproba como allea ao espírito de Cristo calquera discriminación ou vexación realizada por motivos de raza ou cor, de condición ou relixión”.

  • Nese senso, o arcebispo indicou, tamén, que o encontro interrelixioso en Compostela evocaba a reunión promovida por san Xoán Paulo II en Asís, no ano 1986, “sendo unha misión e unha tarefa para nós”.

“Ese é o significado deste encontro”, explicou monseñor Barrio, en alusión á oración compartida en Asís e ao encontro de 2001, para engadir que a expresión desa fe compartida para os cristiáns “ha de manifestarse na entrega aos demais a través da caridade. Hoxe aquí falan en clamoroso silencio, todas as iniciativas de Cáritas onde os inmigrantes máis necesitados deixan de selo e atopan unha familia. Moitas destas persoas non comparten a nosa fe, aínda que realmente non se lles pregunta ao tenderlles a man, traballando para que a sociedade as considere non como necesitados ou inmigrantes, senón como irmáns e conciudadanos. A esperanza de hoxe reflectirá o futuro do mañá”, apuntou o arcebispo.

Na mesma liña, monseñor Barrio manifestou que “a misión do diálogo interrelixioso e humano é unha tarefa que debe realizarse de forma ecuménica”. E destacou que “o ecumenismo, o recoñecemento fraterno común entre as diversas familias cristiás, non é só para nós unha tarefa, senón o contexto e o xeito de realizar o diálogo interrelixioso e co mundo”, á vez que indicou que “os nosos “propósitos de futuro” desde aquí, para ser auténticamente católicos, ou auténticamente ortodoxos, ou auténticamente evanxélicos, só poden ser ecuménicos”.

Así, asegurou que “é necesario un maior compromiso ecuménico para superar os novos obstáculos, a fatiga ou a desilusión que aparecen” e dixo que “a Igrexa enteira peregrina cara á propia unidade cando percorre as rúas do mundo invitando a toda a humanidade a participar no banquete do amor de Cristo”. Para monseñor Barrio, “a comuñón esixe a todos os cristiáns comprometernos pola xustiza e defensa dos máis débiles”.

A xornada iniciouse coa intervención de Andrea Riccardi. O fundador da Comunidade de San Exidio resaltou o papel xogado pola Igrexa no diálogo interrelixioso, sobre todos en momentos, como o actual, en que existe a tentación por parte dalgúns estados de instalarse en visións nacionalistas ou, ata, considerar xustificado o recorrer aos conflitos violentos para resolver diferenzas. Riccardi opuxo ao que se deu en chamar choque de civilizacións, a construción da paz e da fraternidad a través do respecto entre as distintas relixións, ideas moi presentes, por exemplo, na recente encíclica “Fratelli Tutti” do papa Francisco. Riccardi indicou, neste senso, que esa convivencia entre crentes de distintas confesións é aínda máis valiosa nestes tempos de Covid19, cando se viu a necesidade de traballar todos en común para superar a pandemia.

A mesma xornada acolleu unha mesa de encontro dedicada a Sociedade, política e relixión. Retos de futuro para España, na que interveu Margarita Carballos, maxistrada e Ministra de Defensa do Goberno de España; o cardeal Carlos Amigo Vallejo, arcebispo emérito de Sevilla; e Xosé Luís Barreiro Rivas, politólogo e profesor na USC.

Como remate deste III Encontro Interrelixioso de Santiago de Compostela, desenvolveuse un encontro espiritual no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino.