Monseñor Barrio vincula a devoción ao Sacro Corazón de Jesús co compromiso cara aos máis necesitados

  • O arcebispo presidiu a Eucaristía desta solemnidade, como é tradicional, na compostelá Igrexa de santo Agostiño

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu este venres a Eucaristía que se celebrou na Igrexa dos Xesuítas en Santiago, con motivo da Solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús. Na homilía da celebración, monseñor Barrio indicou que “o Corazón de Xesús na Igrexa purifica os pecados e revitaliza o amor coa acción misteriosa do Espírito que sempre nos sorprende e nos leva a discernir as nosas actitudes. O perdón, a graza, a inspiración, a esperanza, e o gozo que experimentamos na nosa vida cristiá veñen do Corazón de Xesús fonte de vida, de luz e de santidade”. Ademais, o arcebispo comentou que “a Igrexa invoca de maneira particular a misericordia de Deus, dirixíndose ao Corazón de Cristo que quere darnos un corazón novo conforme ao seu capaz de compadecerse dos demais, de comprender, de amar e de levar as cargas dos outros, especialmente dos máis necesitados”.

“O Señor “quérenos santos e non espera que nos conformemos cunha existencia mediocre”, sinalou o arcebispo aos fieis congregados no templo dos xesuítas. Na súa homilía dixo, ademais, que “a santidade non é senón a caridade plenamente vivida”. Con este propósito temos que celebrar a festa do Sagrado Corazón. “Que pola porta aberta entremos todos enteiramente ata o teu corazón, oh Xesús, ata a túa sagrada alma para que así poidamos contemplar os teus segredos”. Co papa Francisco pedimos: “xesús, fai que o meu corazón se pareza ao teu”.

O arcebispo presidirá mañá as Confirmacións na Parroquia da Divina Pastora na Coruña e o domingo partirá a Roma para a audiencia privada co Papa Francisco.