Monseñor Prieto presidiu a Eucaristía na que dous seminaristas recibieron os ministerios de Lector e Acólito

O bispo auxiliar de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu esta tarde a Eucaristía na que os seminaristas Enrique Alonso e Pablo Bazarra recibiron o ministerio do Lectorado. Ademais Bazarra foi tamén instituido Acólito.

A cerimonia tivo lugar na Capela do Seminario Maior de San Martiño Pinario e foi concelebrada polos formadores do Seminario e un nutrido grupo de sacerdotes das parroquias onde os candidatos ao sacerdocio desenvolven a súa actividade pastoral.

O bispo auxiliar sinalou na súa homilía que “o Espírito Santo alumará o camiño dos dous” á vez que os convidou de maneira especial a “afondar na Palabra de Deus e aprender a amar o próximo na mesa do altar”.

Quixeron acompañar aos dous seminaristas nesta celebración, ademais dos seus compañeiros, un grupo de alumnos do Seminario Menor da Asunción, membros da vida consagrada e tamén algúns fregueses que non quixeron faltar á cita.