Monseñor Prieto presidiu hoxe o acto no que os futuros diáconos fixeron profesión de fe e compromiso de fidelidade

  • Os tres candidatos serán ordenados polo arcebispo, monseñor Barrio, o vindeiro venres na Catedral

O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, presidiu hoxe no Arcebispado de Santiago o xuramento dos tres seminaristas que este próximo venres serán ordenados diáconos. Nun sinxelo acto, José Antonio Conde Silvoso, Kouassi Anani Martín Kouman e Mario Agustín Pérez Moya, fixeron a profesión de fe, o xuramento de fidelidade e a promesa de celibato, como requisito previo á súa ordenación como diáconos. O acto desenvolveuse coa presenza do reitor do Seminario Maior, Carlos Álvarez, a quen acompañaba o formador José Luis Ramos Souto, e contou tamén coa asistencia do vicecanciller, Manuel Jesús Formoso.

Ao termo do xuramento, o arcebispo, monseñor Julián Barrio, reuniuse cos tres candidatos ao diaconado. A cerimonia de ordenación terá lugar este próximo venres día 30 de xullo, nunha Eucaristía que presidirá o arcebispo na Catedral compostelá, a partir das 18:00 horas.

Ao longo destas últimas semanas, o Seminario Maior estivo ultimando os preparativos da ordenación como diáconos dos tres candidatos.