Na Misa Crismal monseñor Barrio recorda que “a actividade pastoral queda sen froito e perde eficacia se non agroma dunha profunda e íntima unión con Cristo”

  • A Catedral acolleu a solemne cerimonia na que se renovan as promesas sacerdotais e conságranse o Santo Crisma e os Santos Óleos.
  • O arcebispo de Santiago presidiu esta mañá a Misa Crismal. Unha cerimonia que tivo lugar na sede catedralicia e que anticipa o inicio do Triduo Pascual.
  • Monseñor Barrio estivo acompañado polo bispo auxiliar mons. Francisco Prieto, membros do cabido catedralicio, numerosos presbíteros e diáconos que integran o clero da Diocese, quen renovou as promesas que fixeron o día en que recibiron o sacramento da Orde.
  • Esta Misa recibe o seu nome do termo crisma proveniente latín chrisma, que significa unción, pois nela conságranse e bendín os óleos que han de ser usados nos sacramentos do Bautismo, Confirmación e Unción de enfermos ao longo de todo o ano nas diferentes parroquias.
  • Mons. Barrio indicou aos sacerdotes presentes que neste día “lembramos a nosa ordenación sacerdotal para que a rutina diaria non deteriore algo tan fascinante e misterioso” e como “Cristo nos acolleu na inmensidade do seu amor e pediunos as nosas mans que foron unxidas coa forza do Espírito Santo porque quería fosen instrumentos non para posesionarnos das cousas e das persoas, senón para dispensar o seu amor na misión encomendada a exemplo de quen veu servir e non a ser servido”.Animou os presentes para “permanecer abertos á súa novidade e deixarnos cuestionar por El “xa que”, continuou o arcebispo compostelán, “a actividade pastoral queda sen froito e perde eficacia se non brota dunha profunda e íntima unión con Cristo”.Lembrando as palabras de santo Agostiño, monseñor Barrio convidounos a que volvesen a aquela unción de Cristo que nos ensina desde dentro e que non se pode expresar con palabras e que fose a súa tarefa e o seu desexo: “Na medida en que somos unxidos pola sabedoría da cruz, anchea o noso corazón superando os raquitismos espirituais. Aceptar a cruz é participar do amor de Deus”.

    Terminou a súa homilía dirixíndose aos membros da vida consagrada e aos laicos aos que exhortou dicindo: “pídovos que encomendedes as nosas inquedanzas persoais e pastorais. O pobo cristián ten bos motivos para dar grazas a Deus polo don da Eucaristía e do sacerdocio, e orar incesantemente para que non falten sacerdotes na Igrexa”.