- Presidiu a celebración eucarística O arcebispo
Axentes-voluntarios e técnicos- de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela celebraron o tempo de Nadal no transcurso dun acto que presidiu monseñor Prieto Fernández. Na misa o prelado estivo acompañado dos delegados episcopais, Jesús García Vázquez e Santiago Fernández González, saínte e entrante, respectivamente, na súa misión.
Monseñor Prieto gradeció o traballo desenvolvido ao longo do ano a favor das persoas máis necesitadas. Insistiu en que Cáritas é a razón para interpretar o ser e o acontecer da vida “de cada un de nós”. Destacou o labor que levan a cabo voluntarios e técnicos para seguir “situados na clave do amor cara ás persoas máis vulnerables”.
Seguidamente celebrouse un acto de convivencia que se iniciou cunhas palabras de Anuncio Mouriño a modo de despedida do mandato que exerceu como director diocesano durante os últimos anos. Agradeceu aos axentes o apoio prestado “sen o que sería imposible levar a cabo a misión que se nos encomendou”.
O ata o de agora director diocesano fixo entrega ás Irmás de San Xosé e ao doutor Gelabert, como responsable da cadeira de brazos solidaria, de senllos recordos pola colaboración prestada estes anos.