No Domingo da Palabra, 24 de xaneiro de 2021

Queridos diocesanos:

“O Domingo da Palabra de Deus, querido polo Papa Francisco no III Domingo do Tempo Ordinario de cada ano, lembra a todos, pastores e fieis, a importancia e o valor da Sacra Escritura para a vida cristiá… Para isto necesitamos establecer un constante trato de familiaridade coa Sacra Escritura, se non o corazón queda frío e os ollos permanecen pechados, afectados como estamos por innumerables formas de cegueira”[1].

“Mira que puxen as miñas palabras na túa boca” ( Jr 1,9). Os cristiáns habemos de contemplar a Palabra de Deus como sustento e vigor da Iglesia, firmeza da fe, alimento da alma, fonte límpida e perenne de vida espiritual. É preciso comprendela, posuíla e expresala con actitudes de fe, de sinxeleza, de gratuidade e de constancia xa nos chame ao deserto ou ao Tabor. Deus escondeu na súa Palabra variedade de tesouros para que cada un poida enriquecerse. Habemos de ler a Palabra de Deus como fonte de verdade que determina os contidos de fe e como guía pedagóxica do proceso que ha de alumala. #Ante a ambigüidade dos feitos a Palabra de Deus permite coñecer o verdadeiro sentido. “A Palabra eterna e divina entra no espazo e no tempo e asume un rostro e unha identidade humana, tan é así que é posible achegarse a ela directamente pedindo, como fixo aquel grupo de gregos presentes en Xerusalén: “Queremos ver a Jesús” ( Jn 12, 20-21)”[2]. A Palabra é eternamente fiel como o Deus que a pronuncia e habítaa. Por iso o que acolle con fe a Palabra non estará nunca só; na vida como na morte éntrase a través dela no corazón de Deus: “Aprende a coñecer o corazón de Deus nas súas palabras” (San Gregorio Magno). “Se permanecedes na miña Palabra, seredes de verdade discípulos meus; coñeceredes a verdade e a verdade faravos libres” ( Jn 8,31-32).

Acudamos á Palabra de Deus, saboreándoa na liturxia, na lectura espiritual, na oración. “O fundamento de toda espiritualidade cristiá auténtica e viva é a Palabra de Deus anunciada, acollida, celebrada e meditada na Iglesia”[3]. Fagamos silencio no noso interior para escoitala e meditala. Descoñecer a Escritura é descoñecer a Xesucristo, escribe San Jerónimo. Preguntémonos que lugar ocupa na nosa vida a Palabra de Deus?

Saúdavos con afecto e bendí no Señor,

+ Julián Barrio Barrio,
Arcebispo de Santiago de Compostela.

 

 

[1] Nota de la Congregación para el Culto Divino y Disciplina de los Sacramentos, 17 de diciembre 2020.

[2] Mensaje final del Sínodo de Obispos sobre la Palabra de Dios, 26 de octubre de 2008, nº 4.

[3] BENEDICTO XVI, Exhortación Apostólica Post-Sinodal Verbum Domini, 121.