Normativa ante as novas medidas derivadas do fin do uso obrigatorio da mascariña

De acordo ás medidas publicadas no BOE do 20 de abril de 2022, polas que o uso da máscara deixa de ser obrigatorio en interiores, con excepción dunha serie de lugares entre os que non se inclúen os lugares de culto e outros centros de actividade pastoral. Desde a Provincia Eclesiástica, propoñemos os seguintes criterios de actuación:

 

1.-A máscara deixa de ser obrigatoria. Con todo recoméndase o seu uso:

a) Nas celebracións litúrxicas e noutras actividades pastorais, cando por un tempo prolongado participen nelas persoas vulnerables ante a infección por COVID-19, e non sexa posible manter a distancia de 1,5 metros.

b) Por parte do celebrante ou outros ministros no momento da comuñón e cando na celebración doutros sacramentos haxa proximidade cos fieis. Así mesmo recoméndase o uso de xel hidroalcohólico previa e posteriormente á comuñón dos fieis e ás uncións realizadas nos diferentes
2.- Nos templos e lugares onde se realice calquera actividade pastoral manterase xel hidroalcohólico ao dispor dos fieis e garantirase unha axeitada ventilación e limpeza dos mesmos.
3.-Salvo naqueles lugares expresamente citados no Real Decreto 286/2022 do 19 de abril, a saber, residencias de maiores/centros sociosanitarios e hospitais, nos cales nos atemos ás prescricións do lugar, recuperemos con prudencia e normalidade a praxe litúrxica establecida.  
4.- Estes criterios de actuación quedan supeditados aos cambios normativos que se vaian producindo de acordo ao establecido polas autoridades sanitarias, e hanse de aplicar con prudencia, responsabilidade e moito sentido común.
Sigamos orando ao Deus da vida para que afaste de nós todo perigo e coidémonos uns a outros con responsabilidade.
+ Francisco José Prieto Fernández Bispo Auxiliar e Vigairo Xeral da Arquidiocese de Santiago de Compostela
Juan Luís Martínez Lorenzo Vicario Xeneral da Diocese de Tui – Vigo
José Joaquín Borrajo Iglesias Vicario Xeneral da Diocese de Ourense
José Mario Vázquez Carballo Vicario Xeneral da Diocese de Lugo
Antonio Valín Valdés Vicario Xeneral da Diocese de Mondoñedo – Ferrol