Nova reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago

O Arcebispado de Santiago acolleu hoxe unha nova reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. O encontro foi presidido polo arcebispo, monseñor Julián Barrio Barrio.

Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández; así como o administrador diocesano da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Antonio Valín Valdés.

No encontro celebrado no Arcebispado compostelán tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén estaba presente o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.