O Arcebispo asiste ao acto de incorporación de cinco novos Académicos de Honor da Academia Xacobea

  • Luis Alamancos Pampín, Carlos Baliñas Fernández, Maribel Outeiriño Rodríguez, Ricardo Pardo Gato e Pedro Piñeiro Lago formalizaron o seu ingreso na entidade comprometéndose co Camiño de Santiago.
O Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, asistiu este martes pola tarde no Salón Casino de Noia, ao acto de incorporación de cinco novos Académicos de Honra que forman parte xa da Academia Xacobea: Luis Alamancos Pampín, Carlos Baliñas Fernández, María Isabel Outeiriño, José Ricardo Pardo Gato e Pedro Piñeiro Lago.
No acto participaron tamén o  presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
A Academia Xacobea ten como finalidade establecer un centro de estudos asociado para fortalecer a investigación e a difusión do Camiño de Santiago. Unha nova maneira de promocionar o Camiño de Santiago da man da Orde do Camiño de Santiago.