O arcebispo asiste mañá ao encontro convocado para perfilar as liñas de programación pastoral do próximo curso

  • A reunión comezará este venres día 10 ás 10:30 horas na Casa Diocesana de Exercicios

Mañá venres, día 10 de setembro, terá lugar na Casa de Exercicios de Santiago un encontro no que, presidido polo arcebispo, monseñor Julián Barrio, participarán o bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto Fernández e vigairos territoriais, arciprestes e delegados diocesanos, para perfilar as liñas de programación pastoral diocesana para o curso 2021-2022. A reunión dará comezo ás 10:30 horas e realizarase conforme á seguinte orde do día:

10,30 h: Oración inicial (Hora intermedia)

10,45 h: Saúdo do Sr. Arcebispo

11 h: Presentación do proxecto de programación pastoral diocesana

11,30 h: Traballo en grupos dos obxectivos da programación

12,15 h: Debate e concreción de propostas en asemblea

13 h: Conclusións e final do encontro

A cita foi convocada polo bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto Fernández, quen na carta de convocatoria indica que “tras os duros meses vividos como consecuencia da pandemia e que supuxeron unha retardación da actividade pastoral a nivel parroquial e diocesano”, faise preciso “perfilar as liñas da programación diocesana para o curso 2021-2022”.

A fin de facilitar o desenvolvemento da xornada, enviouse aos vigairos, arciprestes e delegados un “borrador da programación pastoral diocesana co fin de que poida ser obxecto de diálogo previo nos arciprestados, nos equipos e cos membros das delegacións diocesanas”. Trátase, deste xeito, “cuns obxectivos sinxelos e realistas”, de “revitalizar e renovar a acción pastoral das nosas comunidades en clave de sinodalidade e misión”, sinalaba monseñor Prieto.