O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, foi pregoeiro do Belén de Begonte

O Belén Electrónico de Begonte, un dos máis coñecidos e tradicionais de cuantos se montan en Galicia -declarado de Interese Turístico Galego-, abriu as súas portas hoxe sábado sábado -2 de decembro- no centro cultural José Domínguez Guizán e este ano tivo como pregoeiro ao arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto.

Como novidade, este ano, o belén de Begonte introduce unha nova figura: «Un pobre de pedir». A nova figura do belén foi elaborada pola artesá María Méndez Rodríguez, xa falecida, unha persoa que elaborou numerosos personaxes para o seu propio belén artesán, que montou de forma ininterrompida en Lugo entre os anos 1973 e 1991, cando cumpriu 75 anos. A súa dedicación e talento valeulle «diversos premios en concursos de belenismo», explicou Xulio Xiz. A figura foi cedida polo seu fillo Ricardo Segundo López, tamén escultor, que se incorporará a partir de agora ao equipo de belén, precisamente para confeccionar pezas novas.

Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro o Belén estará aberto todos os días, de 11 a 13 horas e de 16 a 19 horas. Durante as restantes semanas abrirá sábados, domingos e festivos pola tarde.

O belén de Begonte, un dos máis emblemáticos de Galicia, foi fundado en 1972 polo entón párroco, José Domínguez Guizán, e o artista local José Rodríguez Varela. Na actualidade conta con máis de medio centenar de figuras articuladas, moitas das cales representan oficios tradicionais.