O arcebispo de Santiago presidirá a reunión do Consello Pastoral Diocesano

O bispo auxiliar de Santiago de Compostela mons. Francisco Prieto remitiu unha carta a  todos os membros do Consello Pastoral Diocesano convocándoos a unha reunión o vindeiro sábado 28 de xaneiro na Casa de Exercicios Espirituais de Santiago.

A reunión, que estará presidida polo arcebispo compostelán mons. Julián Barrio, ten unha dobre finalidade. Por unha banda, realizar unha revisión dos obxectivos e accións do programa pastoral diocesano; e por outra banda, formarse ao redor dun tema de actualidade da Igrexa.