O arcebispo preside este sábado a cerimonia de Confirmación dunha trintena de mozas na Catedral

  • Monseñor Barrio, na Vixilia da solemnidade de Pentecoste

Este sábado día 22 de maio, o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, presidirá na Catedral de Santiago a Eucaristía na que recibirán o sacramento da Confirmación máis dunha trintena de mozas. Este acto, enmarcado na Vixilia de Pentecoste, terá lugar a partir das 19:30 horas e levará a cabo coas medidas de distancia social e seguridade sanitaria previstas nos protocolos de prevención do Covid19. “Son mozas que proceden de distintas parroquias, do Seminario Menor, de Pastoral Xuvenil ou do convento das Benedictinas”, explicaba hoxe o Prefecto de Cerimonias, Elisardo Temperán.

Ao día seguinte, Domingo de Pentecostés, o arcebispo tamén presidirá a Eucaristía das 12:00 na Catedral, a cuxo termo funcionará o botafumeiro.

Na axenda de actos litúrxicos do arcebispo para as próximas datas figura a súa presenza na Igrexa dos Xesuítas na Coruña para presidir confirmacións de mozas, o día 28 de maio; así como a celebración do Corpus Christi o domingo 6 de xuño, ás 19:300 horas na Catedral, cunha posterior procesión no interior do templo, tras a cal procederá á Bendición co Santísimo Sacramento.