O arcebispo preside na Catedral a Misa de Pentecoste no Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar

  • Monseñor Barrio destaca o papel dos laicos na Igrexa

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu hoxe a Eucaristía da Solemnidade de Pentecoste na Catedral compostelá, unha data na que a Igrexa celebra tamén o día da Acción Católica e do Apostolado Segrar. Precisamente aos laicos dirixiuse especialmente o arcebispo, animándooes a revitalizar a fe e a vivila coherentemente na vida persoal e na contorna familiar, profesional e cívica. Monseñor Barrio sinalou, en relación coa festa litúrxica do día que o Espírito Santo outorga fortaleza para testemuñar a fe e difundir o Evanxeo. A Igrexa, dixo, o arcebispo, ha de construírse desde o diálogo e a acollida.

Coa Solemnidade de Pentecoste péchase o ciclo litúrxico da Pascua. Esta festa lembra o momento en que os apóstolos recibiron o don do Espírito Santo. Pentecoste, segundo dixo hoxe o arcebispo, fai referencia á unidade e á misión da Igrexa, que ha de abrirse á sociedade para facer presente a súa mensaxe de entrega, xenerosidade, perdón e curación, así como a súa preferencia polos máis débiles e necesitados. Unha tarefa na que os laicos teñen un papel significativo que cumprir neste momento.