- Terá lugar no Colexio La Salle o dia10 de febreiro onde se presentará o novo equipo directivo encabezado por Santiago Fernández (delegado) e Pilar Farjas (directora)
- Ponencia formativa sobre “A acción social da Igrexa Católica en Siria”
O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández presidirá a XXXII Asemblea Xeral Extraordinaria de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela que se celebrará o día 10 de febreiro a partir das dez da mañá en dependencias do Colexio La Salle de Santiago e na que participarán delegacións de voluntarios de toda a diocese. A directora da entidade, Pilar Farjas na súa invitación lembra que “estamos todos convidados, ninguén está excluído, todos, sen excepción, somos corresponsables de Cáritas”.
Despois da acollida e oración, monseñor Prieto Fernández dirixirase á Asemblea para falar da nova etapa que se inicia na institución á vez que animará os axentes para seguir traballando para axudar as persoas máis necesitadas.
Na quenda das intervencións está prevista tamén a de Manuel Bretón, presidente de Cáritas Española.
Homenaxe
No transcursos de a Asemblea renderase unha homenaxe ao equipo anterior encabezado por Jesús García Vázquez (delegado) e José Anuncio Mouriño Rañó (director), que durante 13 anos foron os responsables de levar a cabo o traballo na institución para axudar as persoas máis vulnerables, os últimos da sociedade.
Liñas estratéxicas
Pilar Farjas dará conta das liñas estratéxicas de actuación “polas que espero acompañar a esta Cáritas Diocesana durante os catro anos do meu nomeamento”, que se circunscriben en catro apartados fundamentais: soidade, vivenda, cobertura de necesidades básicas, e emprego. A súa fundamentación céntrase en mellorar os protocolos de funcionamento “para que xeren unhas dinámicas de organización máis ordenadas”. Presentará ao novo equipo encabezado por Santiago Fernández como delegado episcopal.
Relatorio
Nun espazo de formación, a modo de relatorio colectivo, “A acción social de la Iglesia Católica en Siria”, contarase coa presenza do padre Natalio Saúdes, frade franciscano, Alejandro López Carballeira, subdirector de Xestión dos Servizos Informativos de CRTVG e Pablo Villaverde, voluntario dos proxectos sociais da Orde Franciscana. Expoñerán a súa experiencia vivida en directo nun deses conflitos esquecidos, pero aínda en curso, aos que os medios de comunicación non prestan atención, pero seguen xerando o sufrimento de miles de persoas e onde a Igrexa mantén un gran labor de axuda humanitaria e asistencial.
Os actos continuarán coa celebración dunha Eucaristía e unha comida de confraternidade para, sobre as catro da tarde, producirse o envío dos participantes.
Programa
A Orde do Día que se vai a desenvolver é o seguinte:
10.00 Acollida e café
10.30 Oración
10.40 Benvida e saúdo de monseñor Francisco José Prieto
Saúdo do presidente de Cáritas Española, Manuel Bretón
Despedida do anterior equipo directivo Presentación das liñas de traballo do novo equipo directivo
11.30 Relatorio: “A acción social de la Iglesia Católica en Siria” Padre Natalio Saludes; Alejandro López Carballeira e Pablo Villaverde
13.00 Eucaristía na Igrexa Conventual da nosa Señora do Carmen
14.00 Comida
16.00 Envío