O arcebispo recibe a visita dunha delegación do Aeródromo Militar de Santiago

Unha delegación do Aeródromo Militar de Santiago de Compostela, presidida polo coronel Miguel Ángel Paredes Marín, visitou este martes o Arcebispado de Santiago, onde tiveron ocasión de departir con mons. Francisco Prieto.

A principal misión do aeródromo é proporcionar apoio loxístico e seguridade ás unidades despregadas ou en tránsito. Pola súa situación xeográfica ao noroeste da península Ibérica é de vital importancia como base aérea de despregamento e apoio para as unidades aéreas dos tres exércitos, así como unidades OTAN.

Permanentemente desprega o 43 Grupo de Forzas Aéreas nos meses de xullo, agosto e setembro, coincidindo coa campaña de incendios.