O arcebispo recibe os peregrinos, mocidade voluntaria de Cáritas

  • Percorreron 114 quilómetros da ruta en seis etapas
  • Estiveron acompañados do presidente de Cáritas Española e da directora diocesana
Esta tarde, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, recibiu a mocidade voluntaria de Cáritas. Percorreuron máis de 100 km. do Camiño de Santiago en seis etapas.
Ao longo das distintas etapas a mocidade voluntaria realizou encontros para analizar o que ocorreu ao longo do día e visitar as zonas do Camiño polas que pasaron. O sábado uniuse ao grupo o presidente de Cáritas Española, Manuel Bretón Romero, en unión de Pilar Farjas, directora diocesana, que os acompañaron no percorrido que os levou ata Santiago de Compostela
Os peregrinos de Cáritas recibiron A Compostela, que lles acredita o ter realizado o Camiño. Visitaron a capela que garda o sepulcro do Apóstolo e asistiron á Misa do Peregrino.
Esta mocidade permanecerá durante dúas xornadas na capital de Galicia onde está previsto que leven a cabo diversas reunións de análise das experiencias vividas, relacionadas fundamentalmente co coidado das persoas e a natureza. Farán tamén excursións nas que coñecerán o traballo e as realizacións que leva a  cabo Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Unha xornada completa estarán no albergue xuvenil de Arnela, en Porto do Son, para coñecer como se desenvolven as quendas do campamento, para nenos e mocidade, durante o verán.

Compromiso comunitario

O voluntariado en Cáritas é un elemento esencial da identidade da institución que constitúe o piar básico e insubstituíble da súa acción. No Modelo de Acción Social sinálase que “o voluntariado que colabora con Cáritas é a realización do compromiso comunitario, fraterno, solidario e cos últimos”. Durante as súas actuacións seguen o modelo de acción: acompañar, promover, soportar, potenciar, posibilitar, dinamizar, detectar e valorar a persoa.