O bispo auxiliar preside a reunión da permanente do Consello Pastoral Diocesano

Hoxe mércores, 27 de xullo, tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira reunión da permanente do novo Consello Pastoral Diocesano renovado o pasado 20 de maio, un órgano asesor do arcebispo sobre as actividades pastorais que se leven a cabo na Diocese.

No encontro, presidido polo bispo auxiliar mons. Francisco Prieto, abordáronse distintos temas relacionados co novo Plan Pastoral Diocesano, concretáronse os puntos para tratar na próxima reunión do Consello Pastoral Diocesano, que terá lugar en setembro, así como o calendario das próximas xornadas de traballo.