O bispo auxiliar preside unha nova reunión da Comisión Diocesana do Ano Santo Compostelán

O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, presidiu hoxe no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino unha nova reunión da Comisión Diocesana do Ano Santo, na que se pasou revista ás actuacións realizadas ata a data e abordouse o relanzamento das actividades previstas para o Ano Santo Compostelán 2021-2022, á vista da evolución da situación sanitaria. Tamén se falou da difusión do material catequético elaborado para preparar a peregrinación ao sepulcro do Apóstolo, incidindo na esencia espiritual do Ano Santo Compostelán.