O cáliz de Qaraqosh en santo Andrés de A Coruña

A Fundación Axuda á Igrexa Necesitada (AIN) quixo facer énfase na actualidade das persecucións que sofren os cristiáns en moitos lugares do mundo, e por iso organizou esta peregrinación do cáliz de Qaraqosh. A peza, que foi obxecto dunha profanación terrible, converteuse nun símbolo da fe e da esperanza dos cristiáns que viven en situacións difíciles.
A exposición do cáliz en diversas parroquias da diocese pretende ser unha chamada á solidariedade e á oración polos cristiáns que aínda hoxe en día son perseguidos en moitas partes do mundo.
Por este motivo, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto Fernández, presidiu esta tarde, na Parroquia de Santo Andrés da Coruña, unha Misa polos cristiáns perseguidos na que ademais se puido venerar o cáliz profanado de Qaraqosh, Iraq.
Este cáliz foi rescatado entre os entullos do templo no que se conservaba, por un sacerdote, o P. Salgar, cristián sirio–católico de Qaraqosh, cidade situada no norte de Iraq, na rexión da Chaira de Nínive. Un vaso sacro que mostra as consecuencias do bombardeo do templo e as desfeitas producidas por unha bala que o atravesou nun tiroteo especificamente dirixido aos obxectos litúrxicos.
Despois da Eucaristía, Carlos Tortosa Saavedra, responsable da fundación pontificia Axuda á Igrexa Necesitada en Galicia, impartiu unha conferencia sobre os “Cristiáns perseguidos hoxe”.