O Instituto Teolóxico Compostelán celebrará o cincuenta aniversario do Cardeal Quiroga Palacios

  • O acto académico terá lugar o próximo día 1 de decembro, baixo a presidencia do arcebispo, monseñor Julián Barrio

O Instituto Teolóxico Compostelán celebrará o 50º aniversario do Cardeal Quiroga Palacios. A súa figura, tan importante para a Igrexa galega e en concreto para nosa Diocese, queda fóra de dúbidas: en 1949 é designado arcebispo de Santiago, no ano 1952 é nomeado cardeal por Pío XII e en 1966 convértese no primeiro presidente da Conferencia Episcopal Española. A súa importancia na nosa diocese sentiuse nas obras que acometeu, como o final da Casa de Exercicios, a construción do Seminario Menor de Belvís, a reforma do Seminario Maior, o seu impulso ao Concilio galego ou as súas xestións para que o galego fose recoñecido como lingua litúrxica.

O acto académico, presidido polo Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio, terá lugar o vindeiro mércores 1 de decembro ás 20:00 horas no Salón de Actos do ITC. Intervirán o Deán da Catedral e profesor emérito do Centro, o Ilmo. Sr. D. José Fernández Lago, e o profesor Dr. D. José Luís Mínguez Goyanes.