O Papa Francisco convocou para este venres, 27 de outubro, unha xornada de oración e xaxún pola paz. A preocupación do Sumo Pontífice pola situación en Palestina e Israel animouno a fixar esta xornada na que convida os crentes de todas as relixións a unha xornada de xaxún e penitencia. Francisco lembra tamén a guerra en Ucraína, da que xa non se fala tanto pero que segue sendo un drama.
“As vítimas aumentan e a situación en Gaza é desesperada, por favor, fagan todo o posible para evitar unha catástrofe humanitaria.”
“Silencien as armas, escoiten o berro de paz dos pobres, da xente, dos nenos. A guerra non resolve ningún problema, só sementa morte e destrución. Aumenta o odio, multiplica a vinganza. A guerra borra o futuro.”
“Por favor, irmáns e irmás sigamos rezando pola paz no mundo, especialmente na martirizada Ucraína da que agora xa non se fala, pero onde o drama continúa.”
A situación en Terra Santa e noutros lugares do mundo levou ao Santo Padre a convocar esta xornada porque, como lembrou en varias ocasións, “a oración é a suave e santa forza que temos para combater o odio”.
El Papa Francisco nos invita a vivir hoy una jornada de ayuno,oración y penitencia por la Paz. Desde nuestra Iglesia diocesana de Santiago nos unimos para pedir que callen las armas y se escuche a los que claman por la paz porque la guerra no soluciona nada,solo borra el futuro.
— Arcebispo de Santiago de Compostela (@arcebispfprieto) October 27, 2023