O Seminario Maior organiza a XI Cea Solidaria

Como cada ano por estas datas, o Seminario Maior da Arquidiocese compostelaná organiza unha cea solidaria para colaborar economicamente con Cáritas Diocesana no seu programa a favor das persoas sen fogar. A cea será o xoves 1 de decembro e comezará ás 21,00hs. Previamente celebrarase unha Eucaristía na capela do mesmo Seminario ás 19,45hs.