O Seminario Maior organiza a XII Cea Solidaria

Como cada ano por estas datas, o Seminario Maior da Arquidiocese compostelá organiza unha cea solidaria para colaborar economicamente con Cáritas Diocesana no seu programa a favor das persoas sen fogar. A cea será o xoves 30 de novembro e comezará ás 21,00hs. Previamente celebrarase unha Eucaristía na capela do mesmo Seminario ás 19,45hs.