O Seminario Maior volveu celebrar a súa xa tradicional Cea Solidaria

Este pasado xoves, como vén sendo habitual desde hai varios anos, o Seminario Maior organizou a súa tradicional Cea Solidaria, que se celebra para colaborar economicamente con Cáritas Diocesana no seu programa a favor das persoas sen fogar. Previamente celebrouse unha Eucaristía na capela do mesmo Seminario, que presidiu o bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco J. Prieto Fernández. Na cea participaron numerosas persoas, que contribuíron coa súa achega aos fins do programa de atención ás persoas sen teito.

O arcebispo, monseñor Julián Barrio, en declaracións a COPE indicara que todas as achegas, na medida en que cada un dos diocesanos, puidese, implicaban un testemuño de compromiso coa resolución do problema das persoas sen fogar.