Os bispos españois peregrinarán a Santiago de Compostela o próximo 19 de novembro

Os bispos españois peregrinarán a Santiago de Compostela o próximo 19 de novembro, último día da Asemblea Plenaria, con motivo do Ano Xubilar Compostelán, segundo se informou hoxe tralo remate dos traballos da Comisión Permanente, unha reunión á que asistiu o arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio.