Pastoral Familiar invita as familias da Arquidiocese á eucaristía na festa da Sagrada Familia

A Delegación de Pastoral Familiar ultima estes días os preparativos para a celebración, o domingo 26, da festa da Sagrada Familia cunha eucaristía que presidirá o arcebispo de Santiago, mons, Julián Barrio ás 19:30 na catedral compostelana. Os problemas organizativos derivados da pandemia aconsellaron nesta ocasión facer coincidir a celebración da Sagrada Familia coa tradicional misa do peregrino.

Como é habitual, os actuais delegados realizarán a invocación ao Apóstolo Santiago, á que responderá mons. Barrio na súa homilía. Nesta ocasión os cantos correrán a cargo dun coro inter parroquial integrado por nenos das parroquias de Santa Eulalia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa), San Pedro de Cornazo e San Vicente dos Groves (O Grove).