#PEJ22 sábado, día cuarto

Programa de actividades día cuarto

 O sábado 6 de agosto, os peregrinos seguen gozando dos espazos para compartir e celebrar catequeses durante toda a mañá. Tamén haberá momentos para a animación e sobre as 10:00 desenvolverase a primeira oración da mañá, incluíndo as palabras do bispo e o testemuño dun mozo.
A media mañá empezaranse a desenvolver os traballos por grupos e o diálogo de cada un deles co catequista. Ás 12:30 horas celebrarase a Eucaristía.
Ás 12:30 haberá unha recepción en Bonaval do cardeal António Augusto dos Santos Marto, enviado do papa Francisco para a PEJ22. Nela, dará un discurso e continuarán camiño á catedral.
Pola tarde, realizarase un obraddoiro dunha soa quenda. A continuación, desenvolverase «A Viaxe do Apóstolo» para adolescentes e «Coidando a nosa terra». Chegada a noite, os mozos europeos volverán gozar de un espectáculo musical no Monte do Gozo e, tras el, celebrarase unha Vixilia de Oración.