#PEJ22 venres, día terceiro

Programa de actividades día terceiro

O venres 5 de agosto, os peregrinos continúan gozando dos espazos para compartir e celebrar catequeses durante toda a mañá. Tamén haberá momentos para a animación e sobre as 10:00 desenvolverase a primeira oración da mañá, incluíndo as palabras do bispo e o testemuño dun mozo.

A media mañá empezaranse a desenvolver os traballos por grupos e o diálogo de cada un deles co catequista. Ás 12:30 horas celebrarase a Eucaristía.

Pola tarde, realizaranse diversos obradoiros en dúas quendas diferentes. A continuación, desenvolverase «A Viaxe do Apóstolo» para adolescentes e «Coidando a nosa terra». Chegada a noite, os mozos europeos volverán gozar dun espectáculo musical no Monte do Gozo e, tras el, celebrarase unha Vixilia de Oración.