#PEJ22 xoves, día segundo

Programa de actividades día segundo

O 4 de agosto os peregrinos europeos terán espazos para compartir e celebrar catequeses desde primeira hora da mañá. Tamén haberá momentos para a animación e sobre as 10:00 desenvolverase a primeira oración da mañá, incluíndo as palabras do bispo e o testemuño dun mozo.

A media mañá, comezarán os traballos por grupos e ás 12:30 celebrarase a Eucaristía.

Pola tarde, realizaranse diversos obradoiros en tres quendas diferentes. A continuación, desenvolverase «A Viaxe do Apóstolo» para adolescentes. Chegada a noite, os mozos europeos volverán saudar o apóstolo Santiago na catedral da capital galega. Ademais da música, que estará presente en todos os actos da PEJ, tamén se renovan os espazos de oración a partir das 21:30. E por último, haberá tres espectáculos musicais na Praza do Obradoiro, na Alameda e na Praza Mazarelos.