- Testemuños de Cáritas Diocesana de Santiago no Día da Caridade.
- Conscientes de que o ben, o amor, a xustiza e a solidariedade han de ser conquistados cada día, Cáritas lanza a súa tradicional campaña de Caridad.
- Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza”, a Confederación únese á festa do Corpus Christi -que se celebrará este domingo 2 de xuño- cunha invitación para saír ao encontro dos demais, especialmente, das persoas máis pobres; comprometerse co ben común e cultivar a solidariedade en comunidade.
- A través desta campaña, Cáritas quere facer visible o clima de desesperanza social e de desorientación no que viven moitas persoas debido ás súas graves dificultades para acceder a unha vivenda; pola crecente precariedade laboral ou por atoparse nunha situación administrativa irregular.
- A directora de Cáritas Diocesana, Pilar Farjas, destaca, nun documental creado con motivo de Día da Caridad, que a esperanza require poder mirar ao futuro e require estar acompañados: “Isto é a tarefa hoxe e esta é ao que vos convidamos a todos no Día da Caridade”.
- Farjas tamén afirma que é unha data significativa “para lembrarnos que esta é unha tarefa comunitaria con 4 grandes eixos de actuación desde as Cáritas diocesanas”. E son precisamente nestes catro grandes bloques os testemuños que se recollen no vídeo.
- A soidade. É o primeiro gran eixo. É necesario abordar comunitariamente a realidade da desvinculación social e a corresponsabilidade. Esperanza e Matilde mostran como Cáritas achega compañía, xera e reforza vínculos.
- O segundo eixo é o emprego. Neste sentido María Inés e Queta visibilizan o acompañamento de Cáritas ás persoas nos seus procesos de procura de emprego, para situarse ante un mercado laboral cada vez máis competitivo.
- As necesidades básicas é o terceiro gran eixo que se aborda neste documental. Lucía e Lilian mostran. por unha banda, como a desigualdade e a pobreza son realidades agudas e persistentes; e, por outra banda, como en Cáritas ofrécese acompañamento, orientación e axuda nas coberturas das necesidades básicas.
- Finalmente, o cuarto gran eixo é a vivenda. A falta estrutural de vivenda alcanzable é unha urxencia de primeira orde. Desde Cáritas trabállase por ofrecer fogares seguros e reforzar a protección das persoas. María Jesús e Sara dan boa mostra diso.
- “A caridade é o amor de Dios que se reflicte no amor aos demais”. Así se expresa o delegado diocesano de Cáritas, Santiago Fernández nesta reportaxe. Neste sentido, afirma que, así como a Eucaristía é a esencia da Parroquia, a caridade tampouco debe aparcar en ningunha Parroquia.
- Desde Cáritas diocesana queren dar as grazas por tanta entrega e tantos testemuños. O amor ao próximo, a gratuidade e o servizo que vertebran a acción caritativa e social de tantas persoas voluntarias son sementes do ben común para a sociedade, e os seus brotes concrétanse e fanse visibles nas vidas das persoas que volven sentirse dignas porque son miradas e escoitadas desde o amor e o coidado.