No 2018 a Arquidiocese de Santiago de Compostela pon en marcha a súa Oficina de Transparencia para achegar a Igrexa e en particular a nosa diocese, á sociedade.

A diocese compostelá ten un compromiso firme en ofrecer información clara e detallada sobre o seu territorio, organización e planificación, e información tanto económica como de actividades. O seu obxectivo, é o de seguir avanzando polo carreiro da transparencia, na liña dos disposto na “Lei 19/2013 de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno”.