O vindeiro martes día 7 de febreiro, o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá unha rolda de prensa na que se presentará o estudo “Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada en enquisas e redes sociais”, un informe elaborado por un equipo de investigación da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela.
O acto terá lugar na Oficina de Acollida ao Peregrino (rúa de Carretas, 33) a partir das 11:00 horas e contará coa presenza do responsable do equipo de investigación, o profesor Xosé Antón Rodríguez González, profesor titular da USC no Departamento de Economía Cuantitativa, así como do bispo auxiliar de Santiago mons. Francisco Prieto, o ecónomo diocesano Fernando Barros, o director da Fundación Catedral de Santiago Daniel Lorenzo Santos, e a directora de Turismo de Galicia Nava Castro.