- Os nenos que asistan terán unha programación de actividades propias durante a mañá e a tarde coordinadas por un equipo de monitores.
- Rógase inscrición previa para poder organizar o evento a través deste formulario (faga clic aquí)
A Delegación de Pastoral Familiar da arquidiocese presenta o cartel e o programa da II Xornada Diocesana das Familias, que se celebrará o sábado 6 de novembro no Seminario Menor de Santiago de Compostela.
O obxectivo do encontro é compartir as experiencias vividas nestes duros meses de pandemia e, entre todos, buscar solucións aos retos que se lle suscitan á Igrexa no contexto de “nova normalidade”. Os responsables da delegación buscan coa xornada fortalecer a convivencia da comunidade dos fillos de Deus e estreitar os lazos de fraternidade a carón do noso arcebispo, don Julián Barrio Barrio, e o seu auxiliar D. Francisco José Prieto Fernández.
Desde a Delegación de Pastoral Familiar da arquidiocese anímase a todas as familias a participar na xornada como modo de recuperar o dinamismo comunitario e reforzar a esperanza no futuro inmediato.