- Monseñor Prieto Fernández: “O amor que damos, é un amor recibido”
- 47.323 as persoas beneficiadas do labor levado a cabo pola entidade
- Presuposto 2023 para mellorar a atención social
O Consello de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, presidido por monseñor Francisco José Prieto Fernández, arcebispo electo de Santiago de Compostela, aprobou os estados contables do exercicio económico de 2022, o orzamento para o actual que supera os 7 millóns de euros, as atencións practicadas, o manual de procedementos administrativos contables, a firma de novos convenios, e o protocolo de prevención de riscos laborais durante o embarazo e a lactación.
No aspecto económico destacouse que no ano 2022 alcanzouse un resultado positivo de 223.366 euros, composto por uns ingresos totais de 7.954.561 euros e uns gastos de 7.731.19euros. Sobre a atención practicada informouse que foron 47.323 as persoas beneficiadas do traballo desenvolvido pola institución.
Oración
O delegado episcopal, Jesús García Vázquez foi o encargado da oración inicial indicando que no traballo de Cáritas é importante saber escoitar “xa que é unha maneira de amar”, escoitar e entender o problema do outro “para facelo meu e na medide os posible solucionalo”, e estar preto dos que o necesitan “para dese xeito poder escoitar e entender todo o que lles acontece”. Para García Vázquez a caridade “é a esencia do testamento de Jesús”.
O amor de Cáritas
Na súa intervención a modo de apertura do Consello monseñor Prieto Fernández falou do amor e do traballo que desenvolven en Cáritas, voluntarios e técnicos, a favor das persoas máis necesitadas. “O amor que damos, é un amor recibido. Damos e entregamos o noso amor no Camiño compartido”. Insistiu en que Cáritas lémbranos permanentemente que “somos o que damos e somos amor”.
Resultado económico
Ao presentar o balance dos estados contables- gastos e ingresos- por parte de Anxo Dorrego Leal, administrador adxunto- deuse conta de que a entidade reaxustou o gasto do exercicio, asumindo o incremento non previsto polo que se refire ás axudas de cooperación internacional e á acollida. Este escenario marcou o exercicio orzamentario. Ao peche do exercicio o resultado foi positivo en 223.366 euros, composto por uns ingresos totais de 7.954.561 euros e uns gastos de 7.731.19euros.
O gasto total desviouse un 14% sobre o importe orzado, e quedou un 8% por encima do importe do período anterior. Neste apartado faise mención ás axudas que representa un 41% do gasto total; as colaboracións que significan un 4%; o voluntariado ten unha escasa representación sobre o total do gasto 1%; os gastos de persoal representan un 35% do gasto total incrementando un 9% en termos relativos e outros servizos que aumentan un 18% e quedou un 8% por encima de orzamento.
Os ingresos aumentaron un 8% respecto ao ano anterior quedando un 13% por encima do que se orzou. Destacan neste epígrafe socios, achegas, colectas, donativos herdanzas e legados particulares que representan o 30% dos ingresos totais; herdanzas e legados en efectivo, son un importe moi pouco relevante neste exercicio;
a habilitación de fondos; as subvencións e convenios procedentes das administracións públicas e destinados a financiar a actividade do exercicio, representan un 27% dos ingresos totais; a subvención por IRPF supón o 13% dos ingresos e trátase de fondos recibidos a través da Xunta de Galicia e de Ministerios; isto de convenios, subvencións e doazóns procedentes de entidades de carácter privado e destinados á actividade, representa un 26% dos ingresos, e outros ingresos teñen unha representación dun 2% no total
Atención practicada
En canto á atención practicada José Anuncio Mouriño, director diocesano, sinalou que foron 47.323 as persoas beneficiadas, de forma directa e indirecta, no ano 2022 do traballo desenvolvido por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.
A información facilitada dá conta do traballo desenvolvido por sexos, nivel de estudos, idade, tipos de fogar, ingresos, destacando o relacionado coa nacionalidade. Neste apartado os inmigrantes -comunitarios e non comunitarios-atendidos superaron aos nacionais, sendo esta a primeira vez que ocorre este cambio de tendencia.
Procedimientos administrativos
