Primeira xornada do II Encontro de Empresarios

Hoxe xoves 11 de abril ás 19:00hs deu comezo o II Encontro de Empresarios que reune na cidade compostelá a máis de douscentos empresarios, directivos e profesionais que reflexionan sobre ética, sustentabilidade e ben común, na Hospedería do Seminario Maior.

Ás 19:30hs tivo lugar a Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela. E posteriormente, o concerto, a cargo da Orquestra Clásica de Vigo e o Orfeón Terra A Nosa “Mozart: A Misa da Coroación”. O programa incluíu a Sinfonía Nº 34 en Do maior, K. 338, seguida da Missa Brevis en Do maior “da Coroación”, K. 317. Esta última peza, composta por Mozart en 1779, é recoñecida pola súa emotividade e esplendor.