Primeira reunión de vigairos, arciprestes e delegados co arcebispo e o seu auxiliar para preparar o próximo curso pastoral

. Terá lugar o próximo día 10 de setembro na Casa Diocesana de Exercicios

O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto Fernández, acaba de convocar un encontro de inicio dos traballos do curso pastoral os vigairos territoriais, arciprestes e delegados diocesanos. Trátase, segundo indica o bispo auxiliar na carta de convocatoria de -“tralos duros meses vividos a consecuencia da pandemia e que supuxeron unha ralentización da actividade pastoral a nivel parroquial e diocesano”-“perfilar as liñas da programación diocesana para o curso 2021-2022″. O encontro será presidido polo arzobispo, monseñor Julián Barrio, quen dirixirá aos asistentes á reunión un saúdo ao comezo dos traballos. A reunión levarase a cabo o 10 de setembro ás 10:30 h na compostelá Casa Diocesana de Exercicios.

A fin de facilitar o desenvolvemento da xornada, enviouse aos vigairos, arciprestes e delegados un “borrador da programación pastoral diocesana a fin de que poida ser obxecto de diálogo previo nos arciprestados, nos equipos e cos membros das delegacións diocesanas”. Trátase, deste xeito, “cuns obxectivos sinxelos e realistas”, de “revitalizar e renovar a acción pastoral das nosas comunidades en clave de sinodalidade e misión”, sinala monseñor Prieto.

A orde do día do encontro será a seguinte:

10,30 h: Oración inicial (Hora intermedia)

10,45 h: Saúdo do Sr. Arzobispo

11 h: Presentación do proxecto de programación pastoral diocesana

11,30 h: Traballo en grupos dos obxectivos da programación

12,15 h: Debate e concreción de propostas en asemblea

13 h: Conclusións e final do encontro