Renovación dos membros da Comisión Delegada de Economía da Arquidiocese de Santiago de Compostela

Hoxe venres, 27 de outubro, o Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco J. Prieto, fixo pública a renovación dos membros da Comisión Delegada de Economía, importante órgano de carácter consultivo-asesor para o Prelado compostelán en orde a estudar e ditaminar resolucións acerca dos expedientes, que se consideren oportunos, de alleamento ou tratamento de cargas de patrimonio que non superen o mínimo establecido pola normativa canónica actual e sobre os que o Arcebispo ten competencias suficientes para resolver sen intervención do Colexio de Consultores e do Consello de Asuntos Económicos.
Esta Comisión achega consideracións, criterios e suxestións en orde a unha mellor clarificación nas decisións para tomar polo Arcebispo, e ademais asesora e propón, á vista dos expedientes promovidos polos párrocos ou responsables de institucións diocesanas, a solución que se estime máis aconsellable en cada caso.
Continúan pertencendo á Comisión de Economía os seguintes membros:
D. Fernando Barros Fornos, Ecónomo Diocesano
Sr. D. Manuel Ferreiro Méndez, Secretario
Sr. D. Javier Carballo Mouzo, Vicesecretario
Sr. D. Mario Cotelo Felipez, Delegado Diocesano de Patrimonio Cultural
Sr. D. Juan Carlos García Barral, vocal
Sr. D. Pablo Carou Barros, vocal.
Incorpóranse a este Organismo:
Sr. D. José Andrés Fernández Farto, Vigairo Xeral e Moderador de Curia
Sr. D. Víctor Manuel Blanco Naveira, Delegado Diocesano para o Clero
Dª Olga Viqueira Silveira, vocal Sr. D. Daniel Turnes Rey, vocal
Sr. D. Manuel Chouciño Pardo, vocal.
Mons. Francisco Prieto desexa agradecer a entrega, bo facer e dedicación de quen formou parte desta Comisión ao longo dos últimos anos e que cesaron nas súas funcións.