Reunión coa Fundación do Banco Sabadell

O pasado mércores 13 de xullo, o bispo auxiliar a monseñor Francisco Prieto e o ecónomo diocesano Fernando Barros reuníanse con representantes da fundación do Banco Sabadell para establecer diversos puntos de colaboración.

O obxectivo da Fundación é promover actividades de divulgación, formación e investigación nos ámbitos educativo, científico e cultural, así como fomentar e apoiar o talento novo. O ton do encontro gozou dunha gran cordialidade e predisposición para diferentes convenios que non tardarán en concretarse.